Voa común en toda Galiza, en zonas chairas de pobre vexetación e terreos abertos con flores, dende maio a agosto, presentando dúas xeracións aínda que ás veces pode presentar unha terceira.
A eiruga é invernante, tendo unha cor verde azulada cun colar negro e amarelo. Aliméntase de Marrubium vulgare, Malva sylvestris e Althaea officinalis.
Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.