22 Feb
22Feb

Unha das especies máis abundantes en Galiza. Pódese atopar en pradeiras e zonas húmidas, áreas de monte baixo, parques e xardíns urbanos dende o mes de abril a outubro, e mesmo pode ollarse no mes do nadal voando en días soleados.

 

Normalmente ten dúas xeracións, tendo costumes migratorios. A femia ten puntos escuros discais e postdiscais ausentes no macho, presentando escamación azul só nas zonas basal e discal. 

O macho ten a escamación por toda a superficie alar, agás unha estreita marxe máis escura.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.