Bolboreta dunha envergadura de entre 18-26 mm. Especie moi variable da que se describiron varias formas en relación co tamaño e o debuxo.
Cor de fondo ocre amarelado. Tres bandas transversais de cor rosa que cruzan as ás anteriores. Sen preferencias de hábitat ou altitude, alcanzando os 2200 metros en Pireneos.
A seguinte fotografía corresponde a un exemplar macho:
A seguinte fotografía corresponde a un exemplar fémia:
Voa durante o día pero tamén acode á luz. Aparece en dúas xeracións, marzo-maio e xullo-agosto.
Oruga sobre Rubia peregrina e Rumex. Amplamente distribuída na metade norte da Península Ibérica.
Lugar de observación:
- A Trigeira. Zobra. Lalín.
- O Santón. Goiás. Lalín.