Sombreiro de 4-10 cm. ao principio hemisférico, logo esténdese aos poucos e acaba aplanado; marxe obtuso, que permanece incurvado moito tempo e só ao final remata estendéndose completamente aparecendo estriado. Superficie sedosa e brillante, lixeiramente viscosa en tempo húmido; de cor pardo bastante uniforme e máis ou menos escuro, ás veces pardo-caramelo ou pardo-avermellado, ou ben gris-parduzco; restos de veo presentes e en forma de pequenos flocos algodonosos e esbrancuxados, dispostos de forma regular e concéntrica, que se desprenden con facilidade, sobre todo por efecto das choivas.
O pé é de 5-12 x 0,8-2 cm., cilíndrico, ao principio cheo, despois oco, de cor branca, cun bulbo basal marxinado e lixeiramente napiforme; anel membranoso, delgado e liso, tamén branco, que ás veces se desprende con facilidade; volva friable, en parte disociada formando dous ou tres brazaletes situados xusto encima do bulbo, así como en pequenas placas adheridas ao mesmo, o que lle dá un aspecto circunciso. Láminas libres e densas, anchas e delgadas, de cor branca e coa aresta lixeiramente floconosa. Carne adelgazada cara á marxe, de cor branca; sabor suave e cheiro banal ou lixeiramente rafanoide. Frutifica desde finais do verán e durante o outono; moi ubicua e indiferente ao PH do substrato, aínda que prefire os bosques de planifolios diversos pero tamén, en menor medida, os de coníferas. Amplamente distribuída e repartida por toda Galicia.
Amanitha pantherina é unha especie tóxica e moi perigosa, que provoca graves trastornos gastrointestinales e neurolóxicos, parecidos aos ocasionados pola Amanita muscaria, pero máis graves debido a que contén maior concentración de ácido iboténico e que en persoas débiles pode chegar a provocar incluso a morte.
Lugar de observación: Sobreirais do Arnego (Agolada)