04 Nov
04Nov

Basidiomas normalmente solitarios, grandes e carnosos, de 15-30(-50) centímetros de dimámetro; morfoloxía pulvinular ou subesférica, cunha base ou tronco curto e groso, do que parten numerosas ramas que á súa vez se ramifican profusamente en lóbulos esmagados e mesturados, cos ápices rizados ou recurvados (aspecto "crispado", de aí o seu nome); o aspecto é semellante ao dunha "coliflor" e a súa coloración é pálida, esbrancuxada, crema, crema-ocrácea ou ocrácea.

Himenóforo liso, co himenio presente en toda a superficie dos lóbulos. Carne esbrancuxada, cun cheiro agradable e un sabor doce. Frutifica normalmente durante o outono; é moi típica atopala na base dos troncos ou en tocos en bosques de coníferas, sobre todo de piñeiros, en localidades de montaña. 

En Galiza é un fungo que aparece de forma esporádica. É un cogomelo comestible, para algúns cunha destacada calidade gastronómica, aínda que se recomenda consumila nova e lavala ben para separar os abundantes restos de terra e humus das súas numerosas cavidades, o que poden ser fonte de crecemento de larvas ou mofos e en consecuencia de trastornos gástricos.


Lugar de observación: Palmou. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.