14 Jul
14Jul

O pato de Berbería (Cairina moschata) ou pato criollo ou pato almizclado ou mudo é orixinario de América do Sur e foi domesticado polos indios colombianos e peruanos e logo introducido no Vello Mundo polos españois e portugueses no século XVI. O pato criollo é un pato domesticado en moitas partes do mundo. En Galiza, coma no resto de Europa, é unha ave introducida.

Outrora utilizábase ás patas criollas para empollar os ovos de pato común. Aínda que a forma salvaxe do pato criollo sexa tropical e viva en bosques de pantano, adaptouse a distintos climas e medios grazas á súa robustez e resistencia e posúe á vez garras e patas palmeadas.

Os patos criollos presentan dimorfismo sexual, pesando o macho case o dobre que a femia. Os comportamentos agresivos e sexuais son simples e pouco diferenciados e no macho poden manifestarse polo erguimiento da crista, o feito de sacudir a cola e os desprazamentos da cabeza de diante cara atrás.

Os patos criollos, especialmente os machos, son máis agresivos que os patos salvaxes. Os patos criollos son animais pouco ruidosos e as súas vocalizacións parecen asubíos. O berro do macho redúcese a unha especie de soplido e as femias adultas son mudas.

En condicións salvaxes, o apareamiento ten lugar na auga durante a estación das choivas. Tras o apareamiento, a femia elixe un lugar para o niño, normalmente no oco dunha árbore, ou ás veces entre os xuncos, e pon de 8 a 15 ovos que empola durante uns 35 días. O macho é polígamo e non participa naselección do lugar para nidificar nin na incubación. 

As femias crían aos pequenos ata que poden voar e os patiños aprenden observando os movementos
da súa nai. Comparado co dos patos domésticos, o desenvolvemento embrionario dos patos criollos é máis longo e os patiños teñen unha madurez sexual máis tardía.

Os patos criollos macho presentan carúnculas ben desenvolvidas, desde a base do pico ata detrás dos ollos, sobre todo en período de reprodución. Teñen un pico moi inervado e con gran número de receptores sensoriais.

Os patos salvaxes son omnívoros, alimentándose de plantas, de vermes, de insectos, de peixes, de anfibios e de réptiles. Aliméntanse facendo chapotear o pico na auga, escarbando no chan e erguendo a cabeza a continuación.

Os patos criollos voan, nadan e andan con eficacia. Os patos utilizados actualmente para a produción de carne non foron sometidos a unha selección tan importante como outras aves de curral, pero as aves con elevado peso poden ser incapaces de voar, ter dificultades para desprazarse e padecer problemas de patas.

Pasan moito tempo realizando comportamentos complexos de alisado de plumas. Tras a inxestión de alimentos seguida do baño, os patos efectúan toda unha gama de movementos para eliminar a auga. A continuación realizan movementos de limpeza para eliminar os corpos estraños e logo unha serie elaborada de movementos para untar as plumas con graxa que provén da glándula uropígea situada debaixo da cola, operación necesaria para a estanqueidade e a regulación térmica. Ao alisado das plumas séguelle frecuentemente un curto período de soño, e a secuencia (inxestión de alimentos - baño - alisado de plumas e descanso), pode repetirse varias veces ao día.

Os patos criollos de cría conservaron un gran número de respostas fronte aos depredadores, como a inmobilidade, os berros de alarma, as tentativas de voo ou de fuxida rápida fronte ao perigo e o feito de debaterse violentamente se se lles atrapa.


Tales respostas de comportamento poden asociarse ou substituirse por respostas fisiolóxicas de angustia. É frecuente que os patos criollos macho e os híbridos, pelexen utilizando as garras, ás e pico, en particular para escorrentar aos intrusos.


O pato híbrido obtense mediante o cruzamento dunha femia de pato doméstico e dun macho de pato criollo. É un híbrido estéril debido á diferenza de tamaño de cromosomas dos pais e é máis resistente que o criollo. O seu dimorfismo sexual é pouco importante e é capaz de desenvolverse ben en condicións de temperatura máis frías.


Lugar de observación: Lago do río Pontiñas. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.