07 Feb
07Feb

Paxaro de 12,5-14 cm. Sexos semellantes. Partes superiores oliváceas; fronte, fázulas, gorxa, papo e peito rubios; ventre branco; estreita banda alar amarela; forma repoluda. Camiña a brincos. 

Canto harmonioso con trinos diversos, comunmente ao amencer e ao solpor, tamén dá unha nota de alarma "tac-tac". (Escoitar Erithacus rubecula)

En Galiza é abondoso e sedentario con invernantes do occidente europeo. Tamén poden verse individuos en paso primaveral e outonal. Habita en xardíns urbanos, cultivos, soutos e fragas con espesura.

Cría dende mediados de marzo ata finais de xullo; a maior intensidade dáse da segunda metade de abril á terceira semana de maio. A femia constrúe o niño en valos, arrós, buratos de paredes e mesmo no chan. Pon entre 2 e 6 ovos brancos apencados de pardo arrubiado que choca a femia durante 13 días; os polos voan ás dúas semanas. Dúas e mesmo tres roladas. Aliméntase de invertebrados, bagas de bieiteiro, hedra, etc.


Lugar de observación: Lago do Pontiñas. Lalín.


Vídeos en Youtube de Erithacus rubecula:

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.