Paxaro de 14-15 centímetros. Sexos iguais. Ten as partes superiores pardas, incluíndo a cabeza, e as inferiores brancas lixadas máis escuras no ventre e nacemento do rabo; este último é cadrado cunhas marxas brancas visibles en voo; infracobertoiras alares escuras moi contrastadas en forma de cuña.
Seméllase á "Andoriñas das barreiras", pero esta última ten unha banda pectoral, o rabo algo escotado e non ten nel marxas brancas.
En Galiza parte da súa poboación é sedentaria con movementos altitudinais estacionais e outra parte estival de febreiro-marzo a outubro. Relativamente común e ben distribuida, pero máis numerosa na zona leste. Parece estar en expansión.
Habita en paredes rochosas ou de edificios.
Constrúe un niño en forma de media cunca en paredes verticais; nel pon de abril a xuño 4-5 ovos brancos rosados apencados que choca sobre todo a femia durante 14 días; os polos voan ao cabo de 26. Dúas roladas. Pode aniñar só ou en colonias pequenas. Aliméntase de insectos que caza ao voo.
Lugar de observación: Ponte Arcediago.