05 Mar
05Mar

Paxaro de 9-10´5 cm. Sexos iguais. Partes superiores pardas, riscadas nas ás, rabo e costas; sobrecella clara; partes inferiores cremosas; peteiro fino, proporcionalmente longo e lixeiramente curvado. Os inmaturos son algo máis arrubiados; no primeiro ano presentan a álula parda riscada, mentres os adultos presentan unha beira branca notoria. Voo directo, curto e baixo, con rápido bater de ás. Rabo a miúdo ergueito que sacode frecuentemente. Canto vigoroso: sons harmoniosos rematados nunha nota vibrante prolongada; a voz de alarma é unha nota carraspenta tamén prolongada. (Escoitar canto do Troglodytes troglodytes)

Holártica, evita os climas rigorosos. Sedentario en Europa occidental e central desde o sur de Escandinavia; estival ao leste do mar Báltico. 

Presente en toda a Península Ibérica. En Galiza é sedentario e moi común ata os 1.400 metros de altitude.

Habita entre a vexetación mesta e baixa de xardíns, fragas, cultivos, etc.

Fai un niño esférico con entrada lateral, ben agachado en lugares baixos. Pon de primeiros de abril ata mediados de xullo de 4-6 ovos brancos algo apencados que choca a femia durante 14 días; os polos voan aos 17-18. Dúas roladas. É especie parasitada polo Cuco.

 

Aliméntase de insectos: hemípteros 70%, coleópteros 39%, e arácnidos 14%, así coma de lepidópteros, dípteros e larvas.


Lugar de observación: Paseo do Pontiñas. Lalín.


Vídeos en Youtube de Troglodytes troglodytes:

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.