Plante perenne, con rizoma sen estolóns, con talos aéreos de ata 30 cm., de glabros a moi pelosos. As follas inferiores, de 40-110 x 15-45 mm., son obovadas, enteiras e crenadas, as basais persistentes despois da floración.
Os verticilos florais, de 4-8 flores, levan brácteas ovadas ou lobadas, ás veces azuladas, todas máis longas cás flores. Estas levan cálice de 5-8 mm., e corola de 10-18 mm., violácea a rosada, co tubo máis longo có cálice e os estames apenas exertos, de filamentos glabros.
Florece entre abril e xullo, en prados asollados de toda Galiza, aínda que non é especie abondosa.
Lugar de observación: Monte Faro. Rodeiro.