18 Oct
18Oct

Anual, erecta, moi pouco pelosa. Follas ovadas, romboideas ou elípticas, de 1,5-10 x 1-5 cm. Inflorescencias espiciformes, verdes ou avermelladas. Flores pentámeras, pero tamén con moitas trímeras, con tépalos de 2-3 mm., agudos.

As bratéolas miden 4-6,5 mm., e son fortes, con base membranosa de máis de 2 mm. de longa. Os froitos poden ser indehiscentes ou dehiscentes, a miúdo máis curtos cós tépalos.

Florece entre maio e novembro en lugares nitrificados. Procede de América do Norte.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.