15 Apr
15Apr

Arbusto ramallento, de ata 2 metros, con pólas percorridas por 6-8 costelas. Follas inferiores trifoliadas e pecioladas, as superiores unifoliadas, con pecíolos de 1-10 mm. e folíolos elípticos de 4-5 mm. As flores van nas axilas das pólas en grupos de 2-3, e levan pedicelo de 2,5-5 mm. e cálice de 2,7-4 mm., peloso. 

Corola papilionácea branca, caduca, con estandarte e ás de 10-12 mm., e quilla de 11-13,5. Estames, 5 longos e 5 curtos. O froito é legume de 15-31 mm., aplanado, con 4-7 sementes, recuberto de pelos deitados cando novo e glabrescente na madurez.

Florece entre marzo e xuño, en encostas e beiras de camiños (ás veces en claros de bosques), en especial no interior da Galiza meridional.


Lugar de observación: Pedroso. Rodeiro.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.