21 Feb
21Feb

Arbusto (polo menos en Galiza) que pode acadar 4 metros, moi ramallento, con follas de 3-9 mm., lineares glabras, coas beiras tapando de todo o envés, en verticilos de 3-4. As flores aparecen dispostas en moitos acios laterais, que forman en conxunto panícula.

Pedicelos de 2-5 mm., glabros, con 3 bractéolas de 0,8-1,3 mm., glabros, ciliolados, e corola de 2-4 mm., branca, aberta coma campá, con anteras de 0,7-1 mm., inclusas, que levan apéndices basais ciliados. Ovario glabro e estilete de 2,5 mm.

Florece entre marzo e xuño en bosques frescos de toda Galiza. Das súas raiceiras facíase un bo carbón. Tamén empregada para talla de pezas miúdas, coma pipas para tabaco.


Lugar de observación: Serra do Candán. Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.