12 Feb
12Feb

Difusa ou gabeadora, con acios de (10) 14-25 (30) flores, tan longos coma o seu pedúnculo. 

As flores levan sépalos de 4-6 x 2,5-3,5 mm., dentados a subenteiros, e corola de (9) 10-12 (13) mm., branca con ápice purpureo, pero a miúdo volvéndose avermellada despois da fecundación. 

Froito de aproximadamente 2 x 2 mm. Florece entre febreiro e agosto en lugares removidos ou terras de cultivo.

Igual que as demais especies do xénero, empréganse como depurativas en homeopatía.


Lugar de observación: Carboeiro. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.