Planta vivaz, con talos de ata 120 cm., escasamente angulares. Follas de 6-12 en cada verticilo, de 15-30 x 0,5-1 mm., lineares, ás veces mucronadas, coas beiras enroladas, moito máis pelosas polo envés que pola cara.
As flores van en inflorescencias mestas, con ramos menores có entrenó correspondente, e teñen corola amarela de 2-3,5 mm. de diámetro, glabra exteriormente. Froitos de 1-1,5 mm, glabros.
Florece entre maio e setembro en especial nas montañas do interior de Galiza, pero non é nada rara sobre rochas ultrabásicas a altitudes moito menores.
Empregada, como outras especies do xénero, para facer callar o leite e fabricar queixos artesanais, como indica o seu nome popular.
Lugar de observación: Aldea de Baixo. Beiras do encoro de Portodemouros. Agolada.