22 Apr
22Apr

Planta pouco pelosa, con talos dereitos, arraigantes, dos que xorden outros floríferos, erectos, que acadan os 50 cm. As follas son case orbiculares, de base cordada, de 4-35 x 6-40 mm., con longos pecíolos.

As flores van en verticilos de 2-10, e levan cálice peloso e ás veces tamén glandulosos de 5-6,5 mm., e corola de 15-22 mm., violeta con manchas púrpuras.

Florece entre marzo e xuño, en lugares sombrizos e húmidos de todo o país. Empregada como diurético, anticatarral e vulneraria.


Lugar de observación: Ponte Taboada. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.