Talos de ata 80 cm., cilíndricos ou con 2 liñas apenas marcadas, a miúdo deitados e arraigantes nos nós. As follas, opostas, son lineares a estreitamente elípticas, de 6-40 mm., sen glándulas traslúcidas, pero con puntos negros nas marxes.
As flores levan sépalos de 4-6 mm., con glándulas negras marxinais, e pétalos de 8-12 mm., tamén con glándulas negras. Cápsula de 3-8 mm.
Florece entre maio e agosto en lugares secos.
Lugar de observación: Lalín.