16 Jan
16Jan

Planta anual, máis ou menos pelosa, con talos finos de ata 40 cm., con follas ovado-orbiculares de 7-25 x 7-25 mm. 

Flores con cálice de 5-7 mm., e corola purpúrea de 14-20, con tubo recto na base, de 10-14 mm. As flores van en verticilos con brácteas que arrodean o talo (amplexicaules), máis anchas ca longas, de ata 30 x 40 mm.

É unha fonte importante de pole para as abellas melíferas, sendo unha das primeiras flores que se abren no inverno.

Florece en marzo-outubro, en beiras de camiños e lugares algo nitroxenados.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.