Perenne, glabra, glauca, con talos de ata 130 cm. e follas de 25-75 x 5-30 mm., lanceoladas, dispostas en verticilos de 3-5. As flores van en acios terminais, verticiliadas, con pedicelos de 10-30 mm.
Cálice de 6-9 mm. e corola rosácea ou purpúrea de 35-55 mm., con padal amarelo. Esporón grande tamén (16-25 mm.), e cápsula de 3-6 mm.
As sementes, de 2-2,5 mm., levan á estreita, acastañada.
Florece en toda Galiza entre xuño e setembro. É endemismo do cuadrante NW da Península.
Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.