Planta de ata 40 cm., moi arrecendente, de talo a miúdo arraigante, con follas de 8-30 x 4-12 mm., de pecíolo curto, ovaladas ou elípticas, enteiras ou con poucos dentes nas beiras, pelosas polo menos no envés.
As flores aparecen en varios verticilos ben separados entre si, de moitas flores rematando o talo en pequenas follas. Cálice tubular interiormente peloso de 2-3,5 mm., con dentes ciliados, o superior máis curto e ancho. Corola rosácea ou lila, de 4-6 mm.
Florece entre xuño e outubro en prados húmidos e preto de regatos. O poexo emprégase como dixestivo, tónico e estimulante, sendo unha das plantas típicas que se deixan en auga na noite de San Xoán.
Lugar de observación: Laxas. Pedroso. Lalín.