21 Feb
21Feb

Planta erecta ou deitada, con talos pouco vilosos que acadan 75 cm. Follas pecioladas ou sésiles, con 8-18 pares de folíolos de 2-18 mm., ovados e elípticos, mucronados. Inflorescencia sobre pedúnculo de 5-35 mm., formada por 1-5 flores, cunha bráctea foliácea a miúdo máis longa cás flores, con 3-5 pares de folíolos.

Flores subsésiles, con cálice de 3,5-5 mm., peloso, co tubo dobre de longo cós dentes. Labio inferior con 3 dentes de 1-2 mm., máis longo có superior.

Corola amarela, co estandarte de 5-7 mm. Legume recurbado, lateralmente aplanado, de 18-50 mm., non contraído entre as sementes e con bico de 3-15 mm. que tarda moito en caer.

Florece entre marzo e agosto en herbeiras de toda Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.