21 Feb
21Feb

Planta erecta ou deitada, con talos vilosos que acadan 65 cm. Follas basais pecioladas, as medias e superiores sésiles, con 4-18 pares de folíolos de 3,5-16 mm., obovados e elípticos, mucronados.

Inflorescencia sobre pedúnculo de 7-50 mm., formada por 2-6 flores, que leva debaixo unha bráctea foliácea con 2-3 pares de folíolos.

Flores subsésiles, con cálice de 3,2-5 mm., peloso, co tubo tan longo coma os dentes. Labio inferior de 3 dentes de 1,5-3 mm., máis longo có superior. Corola rosada a case branca, co estandarte de 6,5-8 mm.


Legume pouco curvado, de 11-35 mm., contraído entre as sementes, con bico de non máis de 1,2-3 mm.

 Florece entre marzo e xuño, a miúdo sobre terreos areosos e soltos.

Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.


Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.