Planta anual, con talos glabros ou algo pubescentes de ata 60 cm. Follas caulinas lineares, de 12-45 x 0,5-1,5 mm., que aparecen soldadas na base formando vaíña máis longa ca ancha.
Inflorescencia en glomérulo mesto, aínda que abrindo as flores unha a unha, rodeado o conxunto por moitas brácteas anchamente ovadas, as internas obtusas ou mucronadas. Cálice de 12-15 mm., con dentes de 3 nervios. Pétalos rosados ou purpúreos, de 10-14 x 2-3,5 mm., algo divididos e cunha mancha escura na base do nervio medio, no envés.
Florece entre maio e setembro en lugares secos e algo nitrificados de toda Galiza.
Lugar de observación: Dozón.