Follas en mouta basal de 5-35 x 2-7 cm., obovadas, que se van estreitando gradualmente en pecíolo curto, alado, glabras pola cara e polo envés. Limbo coa máxima anchura na metade apical.
As flores xorden solitarias, sobre cadanseu pedicelo de 6-20 cm. e levan cálice de 10-20 mm., cilíndrico, de dentes de 1/3-1/2 da súa lonxitude.
Corola de cor amarela clara de 2-4 cm. de diámetro, de pétalos parcialmente soldados en tubo e con lóbulos planos que deixan no medio unha gorxa máis coloreada.
Florece entre abril e maio en prados frescos e sombrizos de todo o país.
Lugar de observación: Alperíz. Parada. Lalín.