Planta perenne, dioica, con un ou varios talos moi pelosos, pero pouco glandulosos, ata 80 cm., pouco ramificados, que xorden dun rizoma. As follas son tomentosas, as inferiores ata 14 x 6 cm., espatuladas sobre longos pecíolos, e as superiores estreitándose ata chegar a ovado-lanceoladas.
As flores aparecen dispostas en pequeno número en dicasio, con cálice de 9-14 mm., ovoideo. Pétalos con limbo de 7-14 mm., bífidos, vermellos ou de cor rosa forte, e con unha unlla auriculada na parte superior.
Froito en cápsula de 10-14 mm., ovoidea. Carpóforo inexistente.
Florece entre abril e xullo, podéndose ver en zonas sombrizas ou de bosques.
Lugar de observación: Beiras do río Ulla. A Cornella. Berredo. Agolada.