22 Feb
22Feb

Anual, con talos fistulosos de ata 140 cm., a miúdo branco-tomentoso na parte superior dos pedúnculos e base dos capítulos. Follas amplexicaules con aurículas puntiagudas. Invólucro con 27-35 brácteas, e lígulas de tamaño aproximado do tubo da corola.

Aquenios de 2,5-4 mm., apenas comprimidos, non alados, con 6-8 costelas e espazos intercostelas rugosos. Papo de 5-8 mm.

Florece entre abril e setembro. É unha especie con gran variabilidade, en especial nas follas.


Lugar de observación: Mosteiro de Carboeiro. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.