Anual, de ata 90cm., pubescente, con latex. Follas basais linear-lanceoladas a ovadas, ás veces dentadas ou case pinnatífidas, as caulinas iguais, de menor tamaño. Capítulos de 20-30 mm., un ou varios, con invóculo de brácteas externas polo menos tan longas coma as internas, filiformes, curvadas e separadas do resto.
Aquenios de 0,5-4 mm., os internos con papo de pelos curtos, e os externos de pelos curtos mesturados con 0-5 moito máis longos có propio aquenio.
Florece entre maio e xullo, sendo vulgar en chans soltos de toda Galiza.
Lugar de observación:
- Piloño. Vila de Cruces.
- Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.