09 Nov
09Nov

Planta perenne, con talos de ata 50 cm., algo leñosos na base, sendo a planta deitada e arraigante, pelosa. Follas ovadas e elípticas, serradas nas beiras, pouco pelosas, con pecíolo de 2-6 mm.

As flores, con cálice de 2,5-3 mm. e corola de 6-8 mm. de diámetro, cor violeta escura, aparecen dispostas en acios axilares mestos (ás veces aparentan terminais), erectos e opostos, pelosos, con pedicelos de 1-3 mm. Cápsulas de 3-4 x 4-5 mm., obdeltadas, pubescentes.

Florece entre abril e agosto, en lugares húmidos como carballeiras de toda Galiza. O nome de triaca fai referencia a unha antiga mestura de tres plantas que terían efecto contra velenos e picaduras de animais pezoñentos.


Lugar de observación: Catasós. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.