A fasciación, tamén coñecida como crestación ou cristación, é un fenómeno que se pode producir nas plantas ao alterarse o seu “meristema apical” por causa de infeccións bacterianas, ataques de insectos, parasitos ou danos causados ao exemplar (químicos ou mecánicos).
Este fenómeno afecta ao crecemento, á forma, á estrutura e ata a fertilidade da planta, xa que pode alterar o desenvolvemento dos eixes florais, raíces, flores e froitos
O meristema apical produce tecido de xeito máis ou menos cilíndrico, pero a causa destas alteracións, pode alongarse de forma perpendicular á dirección de crecemento e producir tecidos aplanados, en forma de cintas, cristados ou sinuosos.
Este fenómeno non é moi común, pero preséntase polo menos nunha terceira parte das plantas vasculares, con particular incidencia nalgunhas especies.
A fotografía que ilustra este artigo foi enviada pola nosa seguidora Sé Senande, a quen lle agradecemos o seu interese, e foi tomada en Bermés do Fondo, en Lalín.
Trátase dun exemplar do xénero Echium (posiblemente Echium vulgare), coñecida en galego como "lingua de boi" ou "borraxa", que presenta unha clara alteración do talo, observándose un crecemento aplanado.
Nos seguintes enlaces, poderemos observar exemplos deste tipo de alteración noutras especies: