A luita contra a avespa asiática ou "Vespa velutina"

¿QUE É A VESPA VELUTINA?

A Vespa velutina, ou avespa asiática, é unha especie invasora que chegou a Europa no ano 2004 procedente do sueste asiático. En Galicia, detectouse no ano 2013.

¿QUE EFECTOS TEN A VESPA VELUTINA?

  • Afecta á biodiversidade, pola predación sobre outros insectos autóctonos.
  • Afecta á produción apícola e froitícola, pois unha parte importante da súa dieta está formada polas abellas e por froitas.
  • Aínda que non son máis perigosas que outras avespas, a súa expansión por zonas urbanas ou semiurbanas incrementa o risco de picaduras para as persoas.

¿QUE PERIGO SUPÓN A VESPA VELUTINA PARA AS PERSOAS?

O risco que supón para as persoas a Vespa velutina é similar ao de calquera outra avespa.

  • Non son máis agresivas que as avespas autóctonas e soamente atacan cando se ven ameazadas. Por iso é importante manterse a máis de cinco metros do niño.
  • A composición do seu veleno é practicamente igual ao das avespas autóctonas.
  • Poden representar un problema para aquelas persoas que sexan alérxicas, aproximadamente o 1% da poboación. Neste caso, deben ter especial coidado coas picaduras, non só da Vespa velutina, senón tamén doutras especies de avespas autóctonas.
  • nome de “asasinas” que se lle da a estas avespas non deriva de que ataquen especialmente ás persoas, senón pola predación doutros insectos, sobre todo as abellas.

¿COMO SE DIFERENCIAN OS NIÑOS DE VESPA VELUTINA?

Os niños de Vespa velutina son de forma redondeada ou piriforme e de maior tamaño que os da avespa autóctona.

Atópanse principalmente no alto das árbores, e van crecendo ata chegar a medir a finais de outono aproximadamente 1 metro de alto x 0,8 metros de ancho.

Teñen a súa entrada de pequeno tamaño na zona media, a diferenza da avespa autóctona, cun orificio máis alongado na base.

Sempre que se asegure a eliminación da raíña, a destrución do maior número posible de niños é o método máis eficaz para o control desta especie, pois evita a produción de novas raíñas e a formación de niños no ano seguinte.


¿POR QUE É IMPORTANTE DIFERENCIAR A VESPA VELUTINA DOUTRAS AVESPAS?

É fundamental diferenciar a Vespa velutina doutras especies autóctonas, en especial da Vespa crabro, xa que a eliminación destas, favorecería a expansión da especie invasora ao reducir os seus competidores naturais.



¿QUE DEBO FACER NO CASO DE VER UN NIÑO DE VESPA VELUTINA?

SE DETECTAS UN NIÑO, NON ACHEGARSE A EL A MENOS DE 5 METROS E COMUNICALO AO SERVICIO DE ATENCIÓN E INFORMACIÓN Á CIDADANÍA O ANTES POSIBLE, CHAMANDO AO 012


COMO CONSTRUIR TRAMPAS ARTESANAIS PARA A CAPTURA DE VESPA VELUTINA


Fonte de información: Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.