Nunha das nosas saídas recentes pola parroquia de Goias en Lalín, atopámonos cunha inesperada sorpresa. Nun piñeiral do lugar de O Santón, demos cun fermoso exemplar de Chalcides striatus melánico, algo moi pouco común do que apenas se tiñan citas ata fai pouco tempo, como nos confirmaron os amigos da AHE-Galicia.
Exemplar de Chalcides striatus melánico (O Santón, Goiás, Lalín - Marzo 2021)
O deseño dorsal habitual do Esgonzo común, caracterízase por una cor parda, oliva ou bronce, con 9 raias lonxitudinais de cor castaña escura (máis raramente 11 ou 13), delimitadas por marcas negras. O seu ventre é claro, de ton griseiro ou abrancazado.
Exemplar de Chalcides striatus con deseño dorsal común (Monte do Carrio, Lalín)
Coloración ventral común de Chalcides striatus (Monte do Carrio, Lalín)
No artigo publicado no Boletín da Asociación Herpetolóxica Española. Vol. 26. Núm.1, por Pedro Galán, do Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva (GIBE) do Departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, faise referencia á rareza deste tipo de exemplares:
“Hasta hace muy poco tiempo no se conocía ningún dato sobre la existencia de individuos melánicos (Pollo, 2012). Sin embargo, recientemente han sido citados dos ejemplares con esta anomalía pigmentaria, uno en 2011, en los Pirineos franceses (Aude, cerca de Narbonne), a 1.100 msnm de altitud (Verspui, 2011) y otro en 2012 en los Alpes-Maritimes, a 940 msnm de altitud, también en Francia (Deso, 2014). Este último autor destaca que, en la zona de observación, las condiciones climáticas son mucho más frescas y nubladas que en la llanura. Ambos ejemplares eran adultos y mostraban una coloración completamente oscura, observándose de forma difusa el patrón de coloración normal dorsal de la especie. Sólo las escamas mentales y labiales aparecían ligeramente rosáceas (Deso, 2014)”
No ano 2014, durante unha mostraxe realizada para estudar a bioloxía reprodutora dos saurios galegos, Pedro Galán e o seu equipo atopáronse cunha femia con deseño típico da especie no monte do Castro de Santa Baia, no Concello de A Laracha. Esta femia presentaba unha acentuada dilatación abdominal, polo que procederon a trasladala a un terrario no seu laboratorio. Días despois a femia pariu 7 exemplares, dos que 6 presentaban o deseño normal da especie, mentres que 1 deles era melánico.
Este exemplar presentaba unha coloración escura, tanto dorsal como ventralmente, apreciándose de forma difusa as súas liñas lonxitudinais típicas, aínda que moi pouco marcadas e case ocultas pola escura pigmentación. Ademais as escamas da parte anterior da cabeza, tiñan coloración rosácea.
Fotografías de Pedro Galán extraída do artigo "Chalcides striatus melánico en Galicia" publicado no Boletín da Asociación Herpetolóxica Española
Este exemplar melánico, presentaba a mesma coloración descrita por Verspui (2011) e Deso (2014), que sinalaban as súas citas en poboacións de montaña a certa altitude, relacionando Deso (2014) as características máis frías destas zonas coa aparición do melanismo nos exemplares, ao igual que sucede con outras especies de réptiles.
Pola contra, o exemplar atopado por Pedro Galán, realizouse nunha zona de baixa altitude (inferior aos 300 metros) e relativamente próxima á costa con características temperadas.
No seu artigo, Pedro Galán indica o seguinte: “Queremos destacar la gran rareza de este tipo de coloración en esta especie, ya que sólo muy recientemente se ha señalado en la bibliografía la aparición de ejemplares melánicos y en nuestra experiencia de más de 40 años, durante los que hemos observado muchos centenares de C. striatus (al ser una especie relativamente común en Galicia, especialmente en su zona costera), nunca antes la habíamos observado”
O noso Esgonzo, foi localizado a unha altitude de 570 metros. A súa coloración escura coincide coas citas descritas anteriormente a excepción da coloración rosácea das escamas anteriores da cabeza, xa que o noso exemplar presenta unha coloración totalmente negra, facendo esta cita máis singular se cabe.
Exemplar melánico no monte de O Santón (Goiás, Lalín - Marzo 2021)