Narcissus x dezanus

No ano 2015 os medios de comunicación daban cobertura ao descubrimento dunha nova especie botánica bautizada coma "Narcissus dezanus", facendo referencia ao nome da Comarca do Deza, onde foi descuberto.

Os investigadores Xosé Ramón García Martínez e Francisco Javier Silva-Pando, atopáronse con esta nova especie de narciso no municipio de Rodeiro, durante unhas xornadas de herborización na primavera de 2013, e trala realización dos estudos necesarios, puideron certificar o achado que posteriormente publicaron na prestixiosa revista "Candollea": Article in Candollea · July 2015

Esta nova nothoespecie caracterízase polos tépalos patentes, coroa cilíndrica non constrinxida no centro e escasamente expandida no ápice, este último dentado. Diferénciase de Narcissus  asturiensis polo seu maior tamaño, tépalos patentes, menor diámetro da coroa, extremo da mesma algo máis expandido e dentes de menor tamaño; de Narcissus cyclamineus diferénciase por unha maior lonxitude do tubo do periantio, tépalos patentes, extremo da coroa algo expandido e dentes da mesma algo máis longos.

Aquí móstrase o exemplar conservado no herbario do Centro de Investigación Forestal de Lourizán:


Máis info e fotografías: Herbario dixital Xavier de Arizaga

Novas en prensa e portais de divulgación: GCiencia, La Voz de Galicia, Faro de Vigo