Bolboreta nocturna da familia Sphingidae. Atópase en Europa, África, Asia e Australia, especialmente nas zonas meridionais do continente. A envergadura das súas ás vai desde 80-105 mm., coloración básica en tons grisáceos, pero o abdome ten unha ampla franxa dorsal gris e rosa e bandas negras con bordos brancos nos lados.
As ás posteriores son de cor gris clara con amplas liñas escuras cruzadas. Ten un corpo firme e poderoso. A súa cor básica é grisácea con debuxos máis escuros no corpo e as ás. O abdome ten dúas filas de manchas regulares a cada banda en cores moi delicadamente marcados, rosa, branco e negro. Pero estas manchas non son visibles cando se atopa na posición de repouso. Entón pódese camuflar perfectamente sobre a cortiza dunha árbore ou dun muro de pedra.
A femia pon os ovos nas follas de Convolvulus arvensis e a outras plantas similares do xénero Convolvulus, de aquí o seu nome latino Agrius convolvuli. As eirugas comen vorazmente as follas desta planta. Son de coloración moi variada, marrón, branca e verde. Como as eirugas doutras esfinxes, son relativamente grandes e teñen un apéndice similar a un corno na zona caudal.
Lugar de observación: Lalín.