22 Feb
22Feb

Trátase dun satírido moi abundante en Galiza, en moitos e diversos biotopos. Prefire lameiros, camiños, áreas cultivadas, ladeiras con flores e lugares secos ou húmidos protexidos do vento. Voa de xuño a setembro nunha soa xeración.

A eiruga como Poa pratensis, Poa annua, Agropyrum repens e Dactylis glomerata, e inverna ós poucos días da súa eclosión.

A crisálida, de cor esbrancuxada, permanece suspendida polo cremáster. Macho con androconia moi destacada e co extremo superior agudo. 

Femia máis clara e de maior tamaño:


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.