Atópase de xeito común en todo o territorio galego, en zonas pedregosas e áridas, fraguizas e ladeiras intrincadas, nas que voa dende maio ata setembro en dúas xeracións.
As eirugas, de cor verdosa, comen Poa annua, P. pratensis e outras gramíneas dos xéneros Hordeum e Festuca. A crisálida é verde con puntos amarelos.
O macho ten as zonas basal e discal pardacentas, mentres que a femia tena da mesma tonalidade có resto das ás.
Lugar de observación: Monte Faro. Rodeiro.