Coñecida como “Plusia”, é unha pequena heterocera migratoria (Noctuidae) que se atopa na Península Ibérica, Europa, norte de África e parte de Asia. As bolboretas miden de 3 a 4,5 centímetros. As ás posteriores son de ton marrón. As ás anteriores son alaranxadas, avermelladas ou pardas e en certas zonas máis escuras, no centro das cales se observa unha pequena liña branca curvada en ángulo recto moi característica.
Ten unha envergadura de á de entre 30 e 45 milímetros. As ás teñen uns motivos complexos, con sombras de marrón e gris, producindo unha excelente camuflaxe.
No centro de cada unha delas obsérvase unha marca en forma de letra E ou a letra grega gamma, de cor prateada. Hai diferentes formas, con diferentes cores que dependen do clima onde crecesen as larvas.
Prefire a vertente sur dos outeiros para vivir e os adultos voan durante todo o ano. Na primavera, un número significativo emigra cara ao norte chegando ata Islandia, Groenlandia, e Finlandia con grandes invasións de territorio. Unha segunda onda chega no verán. En Europa central e nas Illas Británicas os adultos están presentes nun número significativo desde o mes de maio en diante, cunha diminución a finais de outono cando son exterminados polas xeadas. Algúns individuos voan cara á o sur de novo para pasar o inverno en zonas do Mediterráneo e do Mar Negro.
Ordinariamente voan de noite a gran altura, aproveitando os ventos predominantes. Os seus movementos migratorios foron estudados con radar. Atópanse nunha ampla variedade de hábitats, particularmente en áreas abertas. Normalmente visitan xardíns para tomar néctar das flores. Poden producir entre dous e tres xeracións nun ano, e mesmo unha cuarta cando as condicións son especialmente boas. Os ovos son depositados nas partes superiores ou inferiores das follas e teñen unha cor branco e forma semiesférica. O período de incubación remata logo de tres ou catro días (se o clima é máis fresco este período pode ser maior).
As larvas miden aproxidamente 30 milímetros e posúen tres pares de patas curtas que polo xeral son verdes con manchas brancas. Aliméntanse dunha gran variedade de plantas herbáceas, das cales se documentaron máis de 200 especies, incluíndo cultivos como chícharos (Pisum sativum), remolacha azucreira (Beta vulgaris) e repolo (Brassica oleracea).
Poden reducir os rendementos das colleitas ao danar as follas e polo xeral son consideradas como praga. A pupa é inicialmente verde, pero vólvese negra de forma gradual. Os adultos aparéanse un ou dous días despois de saír da pupa, e comezan a poñer ovos entre un e cinco días despois. Morren entre o terceiro e o décimonoveno día de saír da pupa. As súas larvas comen follas entre outras do xénero Mentha (menta, hortelá, etc). Unha forma ecolóxica de combatelas é mirar debaixo das follas onde se camuflan estes vermes e retiralos manualmente. Existen varios tratamentos autorizados para a “plusia”, tanto ecolóxicos (Bacilus thurigensis) como non ecolóxicos derivados das piretrinas.
Lugar de observación: Lalín.