21 Aug
21Aug

A coñecida como polilla de Orache  é unha polilla da familia Noctuidae. A especie é bastante común na maior parte de Europa continental.

Ten unha envergadura de 38-42 mm. A lonxitude das ás dianteiras é de 20-22 mm. A súa librea e de cor marrón ou marrón claro con vetas de cor verde oliva moi intenso; cunha liña ondulada branca dividindo a rexión postdiscal.

Ten dous estigmas de cor verde oliva intenso que se atopan na célula discoidal e na zona media; na célula discoidal tamén ten unha marca branca moi marcada rematada en cola de  milano. Esta marca termina na rexión submarxinal en correspondencia cunha serie de lúnulas marróns, lixeiramente delineadas en negro que seguen a tendencia da liña branca anteriormente mencionada.

As ás traseiras son de cor marrón clara con tendencia a volverse case brancas na rexión basal. O bordo ten flocos. Os adultos son visibles durante o voo de maio a outubro, dependendo da localización, con maior presencia en xullo. A miúdo xoga en áreas ruderales bastante húmidas, nas beiras dos ríos e ao longo dos camiños forestais e os bordos do bosque, ás veces mesmo nos prados.

Pasa o inverno como pupa. A oruga aparece de xullo a principios de outubro. As larvas aliméntanse de plantas herbáceas, como Atriplex, Polygonum aviculare, Chenopodium e Rumex.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.