Amplamente espallada dun xeito moi abundante por toda a xeografía galega dende marzo ata xullo nunha xeración. Gusta de solos pedregosos e zonas de monte baixo, revoando entre os arbustos, cos que se confonde moi doadamente por mor da cor verde do seu reverso alar.
A eiruga é rechoncha, de cor verdosa e cunha liña dorsal escura. Practica o canibalismo e crisalida entre a follasca ó pé da planta nutricia, invernando deste xeito. A súa alimentación baséase en xestas, toxos e outras papilonáceas.
Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.