19 May
19May

Os imagos teñen as ás anteriores de cor de fondo grisáceo, con bandas transversais de cor pardo avermellado, sendo a próxima ao ápice moito máis curta que as demais. 

As ás posteriores son de cor de fondo amarelo, coas veas marcadas en cor pardo, e unha liña horizontal do mesma cor. Envergadura entre 25 e 30 mm.

Vive en prados e zonas abertas, especialmente en zonas calcarias. Voa de abril a xuño, nunha xeración ao ano. Os imagos son de actividade diúrna e nocturna. Como plantas nutricias citáronse Medicago lupulina, Medicago sativa, Ononis, Lathyrus, Hippocrepis, Lotus corniculatus, Vicia, Trifolium, etc. 

A posta de ovos realízase en pequenos grupos nas follas. As eirugas son longas e delgadas, de cor blancuzco con liñas pardas. Son de actividade nocturna, e de día repousan na planta. A crisálida é de cor violeta. A pupación prodúcese na base da planta.


Lugar de observación: Lalín.



Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.