23 Feb
23Feb

A "limoeira" é, sen dúbida, unha das bolboretas máis típicas dos campos galegos. O seu forte aspecto e a súa chamativa cor, déixanse ver por pradeiras, xardíns, beiras dos bosques, vales e terreos de cultivo. Os primeiros exemplares aparecen despois de invernar, e as femias, logo de seren fecundadas, fan a posta de xeito illado, aínda que colocan varios ovos en cada planta. 

A nova xeración aparece nos meses de xuño e xullo, voando todo o ano se o tempo é apacible. Ten grande dimorfismo sexual xa que o macho é de cor uniformemente amarela limón mentres a femia é totalmente branco-verdosa.


Lugar de observación: Ponte Nova do Porto. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.