23 Feb
23Feb

Posiblemente a bolboreta máis abundante de Galiza. É unha especie cosmopolita, aínda que frecuenta máis os terreos cultivados, xardíns, prados e, sobre todo, hortas con crucíferas. Pode ter ata catro xeracións, sendo o seu peiodo de voo dende marzo a outubro. 

É doado vela voar todo o ano se o tempo é bo, pois algúns exemplares adultos poden invernar. A eiruga da derradeira xeración é invernante e aliméntase en xerál de tódalas crucíferas cultivadas. Ten costumes gregarios, podendo ser praga moi difícil de afastar nos cultivos das hortas.

As femias desovan en pequenos grupos no envés das follas e as crisálidas a miúdo adoitan un grande mimetismo, adaptando a súa cor ó entorno. Ten notable dimorfismo sexual, pois a femia ten dúas manchas redondas postdiscais no anverso das ás anteriores, mentes o macho ten unha soa ou ben carece delas. 

Nesta fotografía tomada nos Sobreirais do Arnego en Carmoega, pódese ver a unha parella destas bolboretas apareándose.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.


Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.