Bolboreta moi difundida e abundante en lameiros, áreas de vexetación baixa, terreos áridos, leiras e mesmo nos xardíns urbanos das catro provincias galegas. Voa dende maio a novembro en dúas ou máis xeracións.
A eiruga, de cor vermella pálida, come as flores e sementes das barxas de Sarothammus scoparius, Ulex europaeus e outras papilonáceas dos xéneros Lotus, Medicago, Pisum e Vicia. Practica o canibalismo e asóciase ás veces con certas especies de formigas.
Crisalida envurullándose nunha folla da súa planta nutricia e, ás veces, no solo a carón da mesma.
O macho ten o anverso alar azul violáceo, coas beiras escuras. A femia é pardacenta, agás as zonas basal e discal, que son azul violáceas.
Trátase dunha especie de hábitos migratorios.
Lugar de observación: Pena de Francia. Dozón.