Bolboreta común e amplamente espallada en moitos biotopos galegos, voando en lameiros floridos, zonas verdes a carón das ribeiras dos ríos, camiños e carreiros dende xuño a agosto nunha soa xeración.
A eiruga ten aspecto rechoncho e cor verdosa. Come Rumex acetosa e outras poligonáceas, invernando nesta fase.
O macho ten reflexos metálicos violáceos e o ángulo anal das ás posteriores é máis afiado ca na femia.
Lugar de observación: Alto do Farelo. Agolada.