Tamén coñecida como "a monxa", a Lymantria monacha é un lepidóptero ditrisio da familia Lymantriidae. A envergadura do macho é de 3,6 a 4,2 cm., a da femia entre 4,5 e 5 cm. Presenta debuxo zigzagueante e puntos negros e brancos nas ás dianteiras, mentres que as posteriores son grises ou de cor marrón clara con bordo negro de debuxo atigrado.
Aparece sobre todo en bosques mixtos e de coníferas, ata 1.600 metros de altura. Voa desde finais de xuño ata finais de setembro. Estas bolboretas só son activas de noite ou no crepúsculo. A femia é máis ben preguiceira e adoita permanecer descansando nos troncos ou as ramas das árbores.
As femias adultas realizan a posta na cortiza das árbores e os ovos eclosionan na primavera.
A eiruga posúe debuxo marrón grisáceo e longos guechos con lanuxe. Ao principio adoita ter unha ovalada mancha moi característica no dorso e dúas manchas brancas detrás da cabeza. Reside en diferentes coníferas ou árbores de fronda de cuxas follas se alimenta pola noite.
Lugar de observación: Lalín.