07 Aug
07Aug

A Esfinxe colibrí é unha especie de lepidóptero ditrisio que vive no sur de Europa, no norte de África e centro de Asia, India e Indochina. Recibe o seu nome poso seu voo en forma de alimentación, que se asemella ao do colibrí. A envergadura das ás é de 40-45mm. As dianteiras pardas con liñas e pintas negras, as traseiras alaranxadas. O abdome é negro e branco no lateral, con sedas con forma de cola de ave.

Trala cópula, as femias voan na procura de plantas do xénero Galium, onde poñen ata 200 ovos. Os ovos teñen forma ovoide, de cor amarela a verdosa e adoitan eclosionar en 8 días. As larvas son cilíndricas de cor amarela e máis tarde verde claras. Pupa de 30–35 mm.

É unha especie migratoria, máis en xeral non sobrevive ó inverno nas rexións moi frías.

Ten hábitos diúrnos, raro en bolboretas esfínxidas. Aliméntase de néctar de plantas coa súa trompa, que é case da mesma lonxitude ca o seu corpo, e que se estende desenvolvéndose dende a súa boca.

Pasa o inverno hibernando como adulto (coma bolboreta) en diversos lugares, como gretas das que sae en días temperados no inverno para procurar alimento complementario.

Soen visitar asiduamente os xardíns.


Lugar de observación:

  1. Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada
  2. Alto do Faro. Monte Faro. Rodeiro.



Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.