É unha bolboreta común no país, aínda que moi localizada, colonizando áreas abertas e pradeiras e beiras dos bosques, cun voo moi rápido e característico. Presenta dúas xeracións, que voan dende abril a setembro.
A eiruga, de costumes solitarios, ten catro bandas mareladas lonxitudinais e come Reseda odorata, R. luteola, Sisymbrium officinale, Malcomia littorea e outras crucíferas dos xéneros Biscutella, Sinapis e Diplotaxis.
A femia desova de xeito illado nas plantas nutricias, ou preto delas. Inverna como crisálida. Ten bo dimorfismo sexual, xa que a femia presenta unha mancha postdiscal redondeada no anverso das ás anteriores, que non aparece no macho. Ademais, as manchas submarxinais das ás posteriores son máis grandes e numerosas na femia.
Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.