Sombreiro de 4-10(12) cm. de diámetro, hemisférico ao principio e despois convexo ou plano-convexo, con marxe obtuso e moi regular; superficie fácilmente separable da carne, lisa e seca, de cor variable, desde o amarelo claro ou amarelo-limón ata o amarelo-verdoso, ás veces moi pálido, uniforme ou lixeiramente máis escuro no centro, que se mancha ás veces de parduzco, cuberta por algunhas placas esbrancuxadas e algodonosas, procedentes da disociación do veo, fácilmente caducas e que se volven ocráceas co tempo. Talo de 5-12 x 0,7-1,5 cm., cilíndrico ou atenuado cara ao ápice, cheo e duro nos exemplares novos, despois oco, cun anel membranoso e delgado.
Na base do estípite ten un groso bulbo que pode alcanzar os 2,5-4 cm. de diámetro, hemisférico e marxinado, onde se poden observar os restos friables da volva circuncisa; de cor citrino ou branco-citrino, branco no bulbo. Láminas libres, densas e delgadas, de cor esbrancuxada ou lixeiramente citrinas. Carne branca, lixeiramente citrina baixo a superficie. Cheiro pronunciado a pataca crúa ou rafanoide. Aparecen durante o verán e o outono, ocasionalmente na primavera; indiferente ao substrato e moi ampla en preferencias ecolóxicas, pois aparece indistintamente en bosques de planifolios, pero tamén nos de coníferas.
Moi común en toda Galiza. Frecuente nos bosques mediterráneos; debido á súa cor, fundamentalmente amarelo-citrino, é fácil confundila coas especies máis tóxicas do xénero (Phalloides, Verna, Virosa), as tres con efectos mortais para o home. Con todo, o cheiro e a observación do bulbo facilítanos en gran medida a separación, xa que a bolba de Citrina é moi característica, mentres que nas outras, esta ten forma de saco coas marxes ben separadas do talo.
O cheiro a pataca crúa é tamén un caracter diagnóstico de Citrina, que non comparten as outras. Comestible de baixa calidade, polo que se recomenda especialmente non consumila por esta posible confusión coas especies mortais.
Lugar de observación: Lalín.