12 Apr
12Apr

Os membros dos Cicindélidos, denomínanse vulgarmente Cicindelas e escaravellos cazadores. Unha das especies máis comúns na Península Ibérica é a Cincidela campestris que presenta cores verdes con punteaduras.

É un escaravello patilongo, de carreira rápida, afeccionado a tomar o sol no chan. Cando se lle perturba, sae voando cun zumbido ruidoso, pero raramente voan lonxe dun tirón e voltan axiña ao chan.

Tanto o adulto como a larva son carnívoros feroces, construíndo a larva un tobo pequeno no que se agocha agardando á súa presa. 

Consecuentemente con esta costumbre de escavar, as Cincidelas atópanse principalmente en áreas de chans lixeiros e ben drenados.

Denomínanselle, ás veces, Escaravellos Tigre pola sua ferocidade.


Lugar de observación: Carboeiro. Silleda.


Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.