07 Feb
07Feb

A barbantesa é un insecto de tamaño medio de aproximadamente 4-6 cm., cun tórax longo e con antenas delgadas. Posúe dous grandes ollos compostos e tres ollos sinxelos entre eles. A súa cabeza pode xirar ata 180º. As súas patas dianteiras, que mantén recollidas, están provistas de espiñas para suxeitar ás súas presas.Son animáis solitarios excepto na época de reproducción, cando o macho e a femia se buscan para reproducirse.

As femias son de maior tamaño que os machos e en ocasións, durante ou tralo seu apareamento, a femia devora ao macho.Pode ser de cor verde ou pardo con distintos matices. A cor do exemplar adulto o determina o medio no que habita durante a súa derradeira muda (por exemplo, amarelo se se trata de palla seca, ou verde se se trata de herba fresca). 

Coma curiosidade, comentar que é o único animal coñecido que conta cun oído único, que ten localizado no tórax.Alcanzan un ano de vida e mudan seis veces antes de converterse en adultos. A súa alimentación principal son outros insectos, pero é capaz de cazar ras, pequenos lagartos e ata ratos ou pequenos paxaros. Caza ao asexo, permanecendo inmóbil agardando o achegamento da presa, e unha vez localizada esta, ataca coas súas patas dianteiras, inmobilizándoa e comezando a alimentarse inmediatamente.

A posta de ovos faise en outono e eclosionan na primavera. Deposítaos en pequenos montóns escumosos que soe atar ás ramas das árbores ou plantas. A escuma endurécese en pouco tempo e fai de protección aos ovos do interior ata que eclosionan. Cada saco pode albergar entre 200 e 300 ovos, pero sobreviven uns poucos, xa que impera o canibalismo xuvenil.


Lugar de observación:

  1. Lalín.
  2. Palmou. Lalín.
Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.