28 Jul
28Jul

Mylabris  quadripunctata é unha especie de coleóptero polífago da familia Meloidae común no sur de Europa, incluíndo a Península Ibérica. Teñen un tamaño entre 13 e 16 milímetros.

Os élitros son vermellos e teñen cada un 4 manchas negras e unha banda negra no abdome. Estes coleópteros son comúns en Galiza e prefiren sitios asollados e con moitas flores xa que se alimentan xeralmente de pole. A súa coloración aposemática advirte aos posibles depredadores de que a hemolinfa que pode exudar é moi tóxica.

Voan entre xuño e outubro. Como moitos dos coleópteros Meloidae ten un ciclo biolóxico moi complexo. As femias depositan os ovos en terra, nas proximidades dunha ooteca (masa de ovos) de saltón. Unha vez eclosionada, a larva penetra na ooteca e nútrese dos ovos e as larvas. O resto das etapas do desenvolvemento pásanas inmóbiles ao sol.


Lugar de observación: Monte da Pena de Francia. Dozón.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.